lunes, 22 de junio de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2020

Hola a toda a comunidade educativa do CEIP Baíñas!

Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras por parte do Equipo de Biblioteca. Nesta ocasión tamén vos deixamos as do Consorcio Galego, porque nos pareceron axeitadas!


Agardamos que vos gusten! 

BÓ VERÁN!



domingo, 1 de diciembre de 2019

PROXECTO BIBLIOTECA CURSO 2019-20



"MIÑA TERRA, MIÑA TERRA! 

NON HAI PLANETA B!”

Queridas Familias:
Dende o equipo de biblioteca e o claustro de profesores, queremos darvos a benvida a todos e todas a este novo proxecto para o curso 2019-20!
Enviámosvos esta circular informativa, coa intención de comunicarvos de que continuamos outro curso máis dentro da Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia. Estamos moi satisfeitos porque este sexa xa o terceiro ano no que se nos concedeu o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE). Este feito, trae consigo unha serie de vantaxes para o noso centro (tanto educativas coma económicas), polas cales estivemos a traballar dende hai tempo.
Sabemos que, sen a vósa axuda e colaboración tampouco sería posible acadar este recoñecemento. De maneira que queremos expresarvos o noso agradecemento, e felicitar ás familias e tamén ao alumnado!, pois toda a comunidade educativa do CEIP de Baíñas saímos gañando!
Por outro lado, decirvos que, ademais de vantaxes, isto tamén supón asumir una serie de compromisos e obrigas para seguir acadando este mérito. É necesario levar a cabo un proxecto anual. O cal nesta ocasión titulamos:
Miña terra, miña terra!, Non hai planeta B!
O proxecto quere partir agora da realidade máis próxima:
A propia natureza!!
Sabemos que estamos a atravesar un período onde o planeta Terra está infectado con un virus: A especie humana!
Sí, estamos en alerta vermella!!
O planeta Terra despois de máis de 4.500 millóns de anos, está en serio perigo a causa da acción dos seres humanos: A tala dos bosques e selvas, a pérdida masiva de especies animais e vexetais, o incremento da contaminación a causas como a enorme cantidade de residuos (sobretodo plásticos) e o abuso de enerxías contaminantes derivadas do petróleo ou o carbón… fixeron que o planeta incrementase perigosamente a súa temperatura, e que se acelere un cambio climático, que provocará en poucos anos consecuencias, que arestora son impredecibles: aumento do nivel dos mares e océanos, fundimento dos xeos polares e glaciares (que son a maior reserva de auga doce do planeta), pérdida de especies e dos seus hábitats…. En fin un futuro moi incerto, verdade?
Afortunadamente, a solución a estes gravísimos problemas tamén somos nós, os seres humanos!
Por este motivo queremos preguntarvos a todos/as:
- Que podemos facer para cambiar esta situación?
Imos intentar dar algunha resposta a través deste ambicioso proxecto de biblioteca, o cal desenvolveremos en varias fases:
-1ª Fase: Concienciación: Que sabemos deste problema? As especies animais e vexetais do noso entorno. Reciclaxe e iniciativas para a conservación e protección do medio ambiente. Escollemos lecturas e libros ou sitios web informativos sobre este tema.
-2ª Fase. Recollida de información e traballamos o tema coa axuda tamén de charlas informativas, e iniciativas dentro do contexto do Centro ou do propio concello: Axentes medioambientais, gardas forestais, bombeiros,…
-3ª Fase. Coidado e implicación: Desenvolvemento sustentable, reducción de residuos (plásticos), e horta ecolóxica.
-4 Fase. Exposición e difusión dos traballos realizados.
Dentro de pouco recibirán máis información sobre a axuda que precisaremos en cada unha das fases do proxecto. O cal expoñeremos ao longo do curso.
Sen máis, despedímonos de todos vostedes, non sen antes, agradecerlles de antemán a súa inestimable colaboración, e por suposto animalos a participar. Teñan en conta que todas estas experiencias son tan positivas para o alumnado como para as familias.
(Nota: Se hai alguna/as persoa/as, ou coñecen a alguén: pai, nai, avó ou familiar do alumnado que sepa sobre: Como plantar unha horta; a reciclaxe, as árboles, os animais, ou alguna outra cousa sobre a protección do medio ambiente, e non lle importe colaborar conosco, por favor que se poña en contacto coa dirección do centro ou co responsable da biblioteca.)
MOITAS GRAZAS!! En Baíñas a 01 de decembro de 2019.

O Equipo de Biblioteca do CEIP Baíñas

lunes, 29 de abril de 2019

V CERTAME LITERARIO DE RELATO CURTO


V Certame de relato curto 2019

Querido alumnado:

Dende o equipo de biblioteca do CEIP Baíñas, e logo da visita da escritora Concha Blanco ao noso colexio, queremos animarvos a convertervos tamén en escritoras e escritores!
 Por este motivo, convidámosvos a participar,una vez máis, no V certame literario de relatos curtos.
 Nesta ocasión, e tendo en conta a temática do proxecto que nos ocupa este curso, sobre a defensa do noso patrimonio, queremos propoñervos que recollades e/ou inventedes una “lenda” que acontecera, ou poidese acontecer, nun sitio ou nun monumento histórico, preferentemente arredor dun dolmen, castro, cabazo, muíño, cruceiro, castelo, dunha ermida ou igrexa, … ou doutro sitio ou monumento, que sexa recoñecido como mostra do noso patrimonio histórico – artístico.
Podedes preguntarlle aos vosos país, avós, familiares, mestres/as ou tamén consultar información nos libros, na biblioteca ou en internet.

Os requisitos para participar son:
1º) O concurso está dirixido ás/aos alumnas/os matriculados no CEIP Baíñas que sepan ler e escribir. O xurado tamén terá en conta a idade do alumnado á hora de premiar os relatos.
2º) Haberá que presentar un relato dunha “lenda“ (real ou inventada), que ocupe un folio tamaño A4, a dobre espacio, e tan só, por unha carilla de extensión, como máximo (pode ser escrita en soporte informático ou a man).
3º) Haberá que revisar que non leve faltas de ortografía, e que veña cunha presentación ordenada e limpa.
4º) Valoraranse, a aqueles relatos que, ademáis do texto, adxunten un debuxo ou imaxe relacionados.
5º) Cada alumno/a, deberán entregar o seu relato, en prazo,  á/ao súa/seu titora ou titor antes do día 1 de xuño de 2019.

Premios:
Haberá 1º, 2º e 3º premio, e tamén un pequeno obsequio tan só por participar, para os relatos que non resulten premiados.

Sen máis, despedímonos de todos/as, non sen antes decirvos que vos animedes a participar, e así poderedes descubrir se tendes madeira de escritores e escritoras.

MOITAS GRAZAS!                       
  En Baíñas, a 29 de abril de 2019




O EQUIPO DE BIBLIOTECA DO C.E.I.P. BAÍÑAS

lunes, 11 de febrero de 2019

INVESTIGAMOS SOBRE O ENTROIDO



Investigamos sobre o Entroido

Queridas Familias:

Enviámosvos esta circular informativa, coa intención de comunicarvos de que estamos a recopilar costumes e tradicións da festividade do Entroido.
 Queremos que cada alumno poida recoller algunha costume ou tradición propia da súa zona ou doutro sitio de Galicia, e que sexa propia destas datas.


 Poderán traer: Unha receita, un refrán, una adiviña, outra costume ou tradición: (correr o Entroido, queimar o “meco”, botar unha regueifa, facer un sermón…), …
Poden preguntarlle aos seus país, avós, familiares ou tamén consultar libros na biblioteca ou en internet.
Deben de recoller esta información e entregarlla ao seu titor ou titora antes do día 1 de marzo de 2019.
Ademáis, poderán redactala a man ou co ordenador, e acompañala dalgunha imaxe ou debuxo.
Sen máis, despedímonos de todos/as vostedes, non sen antes, agradecerlles de antemán a súa inestimable colaboración, e por suposto animalos/as a participar. Teñan en conta que todas estas experiencias son tan boas para o alumnado como para as familias.

MOITAS GRAZAS!          En Baíñas, a 11 de febreiro de 2019
O Equipo de Biblioteca do CEIP Baíñas.