lunes, 29 de abril de 2019

V CERTAME LITERARIO DE RELATO CURTO


V Certame de relato curto 2019

Querido alumnado:

Dende o equipo de biblioteca do CEIP Baíñas, e logo da visita da escritora Concha Blanco ao noso colexio, queremos animarvos a convertervos tamén en escritoras e escritores!
 Por este motivo, convidámosvos a participar,una vez máis, no V certame literario de relatos curtos.
 Nesta ocasión, e tendo en conta a temática do proxecto que nos ocupa este curso, sobre a defensa do noso patrimonio, queremos propoñervos que recollades e/ou inventedes una “lenda” que acontecera, ou poidese acontecer, nun sitio ou nun monumento histórico, preferentemente arredor dun dolmen, castro, cabazo, muíño, cruceiro, castelo, dunha ermida ou igrexa, … ou doutro sitio ou monumento, que sexa recoñecido como mostra do noso patrimonio histórico – artístico.
Podedes preguntarlle aos vosos país, avós, familiares, mestres/as ou tamén consultar información nos libros, na biblioteca ou en internet.

Os requisitos para participar son:
1º) O concurso está dirixido ás/aos alumnas/os matriculados no CEIP Baíñas que sepan ler e escribir. O xurado tamén terá en conta a idade do alumnado á hora de premiar os relatos.
2º) Haberá que presentar un relato dunha “lenda“ (real ou inventada), que ocupe un folio tamaño A4, a dobre espacio, e tan só, por unha carilla de extensión, como máximo (pode ser escrita en soporte informático ou a man).
3º) Haberá que revisar que non leve faltas de ortografía, e que veña cunha presentación ordenada e limpa.
4º) Valoraranse, a aqueles relatos que, ademáis do texto, adxunten un debuxo ou imaxe relacionados.
5º) Cada alumno/a, deberán entregar o seu relato, en prazo,  á/ao súa/seu titora ou titor antes do día 1 de xuño de 2019.

Premios:
Haberá 1º, 2º e 3º premio, e tamén un pequeno obsequio tan só por participar, para os relatos que non resulten premiados.

Sen máis, despedímonos de todos/as, non sen antes decirvos que vos animedes a participar, e así poderedes descubrir se tendes madeira de escritores e escritoras.

MOITAS GRAZAS!                       
  En Baíñas, a 29 de abril de 2019




O EQUIPO DE BIBLIOTECA DO C.E.I.P. BAÍÑAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario