“V Certame de relato curto 2019”
Querido
alumnado:
Dende o equipo de biblioteca
do CEIP Baíñas, e logo da visita da escritora Concha Blanco ao noso colexio,
queremos animarvos a convertervos tamén en escritoras e escritores!
Por
este motivo, convidámosvos a participar,una vez máis, no V certame literario de relatos curtos.
Nesta
ocasión, e tendo en conta a temática do proxecto que nos ocupa este curso,
sobre a defensa do noso patrimonio, queremos propoñervos que recollades e/ou inventedes una “lenda” que acontecera, ou poidese acontecer,
nun sitio ou nun monumento histórico, preferentemente arredor dun dolmen, castro,
cabazo, muíño, cruceiro, castelo, dunha ermida ou igrexa, … ou doutro sitio ou
monumento, que sexa recoñecido como mostra do noso patrimonio histórico –
artístico.
Podedes preguntarlle aos vosos país, avós, familiares, mestres/as ou tamén
consultar información nos libros, na biblioteca ou en internet.
Os
requisitos para participar son:
1º)
O concurso está dirixido ás/aos alumnas/os matriculados no CEIP Baíñas que
sepan ler e escribir. O xurado tamén terá en conta a idade do alumnado á hora
de premiar os relatos.
2º)
Haberá que
presentar un relato dunha “lenda“ (real ou inventada), que ocupe un
folio tamaño A4, a dobre espacio, e tan só, por unha carilla de extensión, como
máximo (pode ser escrita en soporte informático ou a man).
3º) Haberá que revisar que non leve faltas
de ortografía, e que veña cunha presentación ordenada e limpa.
4º) Valoraranse, a aqueles relatos que,
ademáis do texto, adxunten un debuxo ou imaxe relacionados.
5º) Cada alumno/a, deberán entregar o
seu relato, en prazo, á/ao súa/seu titora ou
titor antes do día 1 de xuño de 2019.
Premios:
Haberá 1º, 2º e 3º premio, e tamén un
pequeno obsequio tan só por participar, para os relatos que non resulten
premiados.
Sen máis, despedímonos de todos/as, non sen antes decirvos que vos animedes
a participar, e así poderedes descubrir se tendes madeira de escritores e
escritoras.
MOITAS
GRAZAS!
En
Baíñas, a 29 de abril de 2019