jueves, 19 de diciembre de 2019
domingo, 1 de diciembre de 2019
PROXECTO BIBLIOTECA CURSO 2019-20
NON HAI PLANETA B!”
Queridas
Familias:
Dende
o equipo de biblioteca e o claustro de profesores, queremos darvos a
benvida a todos e todas a este novo
proxecto
para o curso
2019-20!
Enviámosvos
esta circular
informativa,
coa intención de comunicarvos de que continuamos outro curso máis
dentro da Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia. Estamos
moi satisfeitos porque este sexa xa o terceiro ano
no que se nos concedeu o Plan
de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE).
Este feito, trae consigo unha serie de vantaxes
para o noso centro (tanto educativas coma económicas), polas cales
estivemos a traballar dende hai tempo.
Sabemos
que, sen
a vósa axuda e colaboración
tampouco sería posible acadar este recoñecemento. De maneira que
queremos expresarvos o
noso agradecemento, e felicitar ás
familias e tamén
ao
alumnado!, pois
toda a
comunidade educativa do CEIP de Baíñas
saímos
gañando!
Por
outro lado, decirvos que, ademais de vantaxes, isto
tamén
supón asumir una serie de compromisos
e obrigas
para seguir acadando este mérito. É necesario levar a cabo un
proxecto anual.
O cal nesta
ocasión titulamos:
Miña
terra, miña terra!, Non hai planeta B!
O proxecto quere partir agora da realidade máis próxima:
O proxecto quere partir agora da realidade máis próxima:
A
propia natureza!!
Sabemos
que estamos a atravesar un período onde o
planeta Terra
está
infectado con
un virus:
A
especie humana!
Sí,
estamos en alerta vermella!!
O
planeta Terra
despois de máis
de
4.500
millóns de anos,
está en serio
perigo a causa da acción dos seres humanos:
A tala dos bosques e selvas, a pérdida masiva de especies animais e
vexetais, o incremento da contaminación a causas como a enorme
cantidade de residuos (sobretodo plásticos) e o abuso de enerxías
contaminantes
derivadas do petróleo ou o carbón… fixeron que o planeta
incrementase perigosamente a súa temperatura, e que
se acelere
un cambio
climático,
que provocará en poucos anos consecuencias,
que arestora son impredecibles: aumento do nivel dos mares e océanos,
fundimento
dos
xeos polares e glaciares (que
son a maior reserva de auga doce do planeta),
pérdida de especies e dos seus hábitats…. En fin un futuro moi
incerto,
verdade?
Afortunadamente,
a solución a estes gravísimos problemas tamén somos
nós, os seres humanos!
Por
este motivo queremos preguntarvos a todos/as:
-
Que podemos facer
para cambiar esta situación?
Imos
intentar dar algunha resposta a través deste
ambicioso
proxecto
de biblioteca, o
cal
desenvolveremos
en varias fases:
-1ª
Fase: Concienciación: Que sabemos deste problema? As especies
animais e vexetais do noso entorno. Reciclaxe e iniciativas para a
conservación e protección do medio ambiente. Escollemos lecturas e
libros ou sitios web informativos sobre este tema.
-2ª
Fase. Recollida de información e traballamos
o
tema
coa axuda tamén
de charlas
informativas, e
iniciativas
dentro
do contexto do Centro ou do propio concello: Axentes medioambientais,
gardas forestais, bombeiros,…
-3ª
Fase. Coidado e implicación: Desenvolvemento sustentable, reducción
de residuos (plásticos), e horta ecolóxica.
-4
Fase. Exposición e difusión dos traballos realizados.
Dentro
de pouco recibirán máis información sobre a axuda que precisaremos
en cada unha das fases do proxecto. O cal expoñeremos ao longo do
curso.
Sen
máis, despedímonos de todos vostedes, non sen antes, agradecerlles
de antemán a súa inestimable colaboración, e por suposto animalos
a participar. Teñan en conta que todas estas experiencias son tan
positivas
para o alumnado como para as familias.
(Nota:
Se hai alguna/as persoa/as, ou coñecen a alguén: pai, nai, avó ou
familiar do alumnado que sepa sobre: Como plantar unha horta; a
reciclaxe, as árboles, os animais, ou alguna outra cousa sobre a
protección do medio ambiente, e non lle importe colaborar conosco,
por favor que se poña en contacto coa dirección do centro ou co
responsable da biblioteca.)
MOITAS
GRAZAS!!
En Baíñas a 01
de
decembro
de 2019.
O
Equipo de Biblioteca
do CEIP Baíñas
viernes, 21 de junio de 2019
lunes, 29 de abril de 2019
V CERTAME LITERARIO DE RELATO CURTO
“V Certame de relato curto 2019”
Querido
alumnado:
Dende o equipo de biblioteca
do CEIP Baíñas, e logo da visita da escritora Concha Blanco ao noso colexio,
queremos animarvos a convertervos tamén en escritoras e escritores!
Por
este motivo, convidámosvos a participar,una vez máis, no V certame literario de relatos curtos.
Nesta
ocasión, e tendo en conta a temática do proxecto que nos ocupa este curso,
sobre a defensa do noso patrimonio, queremos propoñervos que recollades e/ou inventedes una “lenda” que acontecera, ou poidese acontecer,
nun sitio ou nun monumento histórico, preferentemente arredor dun dolmen, castro,
cabazo, muíño, cruceiro, castelo, dunha ermida ou igrexa, … ou doutro sitio ou
monumento, que sexa recoñecido como mostra do noso patrimonio histórico –
artístico.
Podedes preguntarlle aos vosos país, avós, familiares, mestres/as ou tamén
consultar información nos libros, na biblioteca ou en internet.
Os
requisitos para participar son:
1º)
O concurso está dirixido ás/aos alumnas/os matriculados no CEIP Baíñas que
sepan ler e escribir. O xurado tamén terá en conta a idade do alumnado á hora
de premiar os relatos.
2º)
Haberá que
presentar un relato dunha “lenda“ (real ou inventada), que ocupe un
folio tamaño A4, a dobre espacio, e tan só, por unha carilla de extensión, como
máximo (pode ser escrita en soporte informático ou a man).
3º) Haberá que revisar que non leve faltas
de ortografía, e que veña cunha presentación ordenada e limpa.
4º) Valoraranse, a aqueles relatos que,
ademáis do texto, adxunten un debuxo ou imaxe relacionados.
5º) Cada alumno/a, deberán entregar o
seu relato, en prazo, á/ao súa/seu titora ou
titor antes do día 1 de xuño de 2019.
Premios:
Haberá 1º, 2º e 3º premio, e tamén un
pequeno obsequio tan só por participar, para os relatos que non resulten
premiados.
Sen máis, despedímonos de todos/as, non sen antes decirvos que vos animedes
a participar, e así poderedes descubrir se tendes madeira de escritores e
escritoras.
MOITAS
GRAZAS!
En
Baíñas, a 29 de abril de 2019
lunes, 11 de febrero de 2019
INVESTIGAMOS SOBRE O ENTROIDO
Queridas
Familias:
Enviámosvos esta circular
informativa, coa intención de comunicarvos de que estamos a recopilar costumes e tradicións da
festividade do Entroido.
Queremos
que cada alumno poida recoller algunha costume ou tradición propia da súa
zona ou doutro sitio de Galicia, e que sexa propia destas datas.
Poderán
traer: Unha receita, un refrán, una adiviña,
outra costume ou tradición: (correr o Entroido, queimar o “meco”, botar unha
regueifa, facer un sermón…), …
Poden preguntarlle aos seus país, avós, familiares ou tamén consultar libros na
biblioteca ou en internet.
Deben de recoller esta
información e entregarlla ao seu titor
ou titora antes do día 1 de marzo de 2019.
Ademáis, poderán redactala a man ou co ordenador, e acompañala dalgunha imaxe ou debuxo.
Sen máis, despedímonos de
todos/as vostedes, non sen antes, agradecerlles de antemán a súa inestimable
colaboración, e por suposto animalos/as a participar. Teñan en conta que todas
estas experiencias son tan boas para o alumnado como para as familias.
MOITAS
GRAZAS! En Baíñas, a 11 de febreiro de 2019
O Equipo de Biblioteca do
CEIP Baíñas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)