jueves, 8 de noviembre de 2018

TRALAS PEGADAS DA NOSA HISTORIA E DO NOSO PATRIMONIO II



Tralas pegadas da nosa historia e o noso patrimonio II!”

Queridas Familias:

Dende o equipo de biblioteca e o claustro de profesores, queremos darvos a benvida a todos e todas a este novo curso 2018-19!
Enviámosvos esta circular informativa, coa intención de comunicarvos de que continuamos outro curso máis dentro da Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia. Decirvos que estamos moi satisfeitos porque este sexa xa o segundo curso no que se nos concedeu o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE). Este feito, trae consigo unha serie de vantaxes para o noso centro (tanto educativas coma económicas), polas cales estivemos a traballar dende hai tempo.
Sabemos que, sen a vósa axuda e colaboración tampouco sería posible acadar este recoñecemento. De maneira que queremos expresarvos o noso agradecemento e felicitarvos tamén a vós, ás familias!, pois toda a comunidade educativa do CEIP de Baíñas saímos gañando!
Por outro lado decirvos que ademais de vantaxes tamén supón asumir una serie de compromisos e obrigas para seguir acadando este mérito.
É necesario levar a cabo un proxecto anual, o cal iniciamos, como sabedes o pasado curso 2017-18, e co que queremos continuar néste. Por iso, seguiremos titulándoo como figura ao comezo deste comunicado: “Trálas pegadas da nosa historia e o noso patrimonio II”. Dende o equipo de biblioteca do C.E.I.P de Baíñas, gustaríanos que colaboredes conosco (de maneira totalmente voluntaria), a levar adiante este proxecto de biblioteca.
(Segue pola parte de atrás)
O proxecto de biblioteca desenvolverémolo en varias fases:
-1ª Fase: Traballamos os muíños e os hórreos (cabazos).
Para este tema cada curso pediralles, unha serie de informacións para que os rapaces, xunto coa famila, investiguen sobre os hórreos e os muíños.
-2ª Fase. Os romanos, e a romanización.O proceso será similar, ao anterior, pero de cara ao 2º trimestre.
-3ª Fase. A Idade Media. Ampliaremos o traballo feito o curso pasado. (3º trimestre).
Dentro de pouco recibirán máis información sobre a axuda que precisaremos en cada unha das fases do proxecto. O cal expoñeremos ao longo do curso.
Sen máis, despedímonos de todos vostedes, non sen antes, agradecerlles de antemán a súa inestimable colaboración, e por suposto animalos a participar. Teñan en conta que todas estas experiencias son tan bóas para o alumnado como para as familias.
(Nota: Se hay algunha persoa, ou coñecen a alguén: pai, nai, avó ou familiar do alumnado, que sepa sobre os cabazos ou os muíños, e non lle importe, ou queira ter unha pequena charla co alumnado sobre estes temas, que se poña en contacto coa dirección do centro ou co responsable da biblioteca.)
MOITAS GRAZAS!
En Baíñas a 1 de outubro de 2018
O Equipo de Biblioteca do CEIP Baíñas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario