viernes, 30 de noviembre de 2018

"PROGRAMANDO AO TEU COLEGA"








        Hola a todos e todas!

Como xa sabedes chegaron ao cole os "Escornabots".

Xa andan facendo das súas!!

Para poder falar na súa linguaxe (de programación informática).

O alumnado de 5º curso, na aula de psicomotricidad, fixo esta actividade previa, titulada: "Programando ao teu colega"

Un/unha alumno/a,  facía de "Escornabot" e tiña que desprazarse polo panel de colchonetas. Cada colchoneta simulaba unha cuadrícula por onde se moven os "Escornabots", e os demáis tiñan que programalo.

Foi moi divertido!! e deste xeito, comezamos a aprender a falar con estes robots"

Aquí tendes o enlace ao vídeo da actividade. Saúdos!!




   




OS ESCORNAHÓRREOS


Hola a toda comunidade educativa!!

Queremos anunciarvos que, xa comezamos a realizar actividades cos "Escornabots", dentro do programa de "Bibliotecas creativas"!!

Esta actividade está dirixida ao alumnado dende 3º a 6º nivel de ed. primaria.

Tendes os enlaces aos materiais e ao vídeo da actividade que realizaron os cursos de 4º e 5º de primaria o venres día 30 de novembro.

Valoramos especialmente esta experiencia porque está relaccionada coa búsqueda de información do noso proxecto de biblioteca: "Tralas pegadas da historia e do noso patimonio"

Agardamos que vos sexa útil. Pronto subiremos algunha máis.

Un afectuoso saúdo.

O equipo de biblioteca









miércoles, 14 de noviembre de 2018

PROGRAMA: BIBLIOTECAS CREATIVAS


Estimados membros da comunidade educativa que formades parte do CEIP Baíñas:


Dende a Biblioteca do Centro queremos informarvos de que este Centro iniciou un proxecto máis, denominado: BIBLIOTECAS CREATIVAS, enmarcado dentro do PLAMBE (Plan de mellora das bibliotecas escolares).

Iniciamos por primeira vez este proxecto durante o presente curso 2018-19.
Ten como finalidade que na biblioteca haxa un espazo, onde se potencien varias actividades creativas como por exemplo: a robótica, a ciencia, as novas tecnoloxías, xogos de contrucción (legos…), e en xeral actividades creativas de todo tipo... Todas elas coa finalidade de favorecer o aprendizaxe ao alumnado, incorporando a cultura do “maker”; ou de “Faino ti mesmo/a!”

O pasado 19 de outubro na EGAP en Santiago de Compostela tivo lugar unha sesión de formación onde acudiron os responsables das bibliotecas ou os designados polos centros para formarse nesta primeira fase na montaxe e programación dos “ESCORNABOTS”. Uns robots diseñados por dous profesionais galegos expertos en robótica: Alberte Xosé Méndez“Tucho” e Xoán Sampaíño.

Os ESCORNABOTS xa chegaron á Bilioteca e a todo o Centro. Son uns “bichejos” algo raros, a verdade, pero pensamos que son bós...(polo menos parecen simpáticos).

Agardamos que os acollades con agarimo, pois como non coñecen aínda aos nenos e nenas, son algo tímidos, pero ben seguro que enseguida serán un máis da familia do noso COLE!


O Equipo de Biblioteca e o Claustro de Profesores. 15/11/2018

jueves, 8 de noviembre de 2018

TRALAS PEGADAS DA NOSA HISTORIA E DO NOSO PATRIMONIO II



Tralas pegadas da nosa historia e o noso patrimonio II!”

Queridas Familias:

Dende o equipo de biblioteca e o claustro de profesores, queremos darvos a benvida a todos e todas a este novo curso 2018-19!
Enviámosvos esta circular informativa, coa intención de comunicarvos de que continuamos outro curso máis dentro da Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia. Decirvos que estamos moi satisfeitos porque este sexa xa o segundo curso no que se nos concedeu o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE). Este feito, trae consigo unha serie de vantaxes para o noso centro (tanto educativas coma económicas), polas cales estivemos a traballar dende hai tempo.
Sabemos que, sen a vósa axuda e colaboración tampouco sería posible acadar este recoñecemento. De maneira que queremos expresarvos o noso agradecemento e felicitarvos tamén a vós, ás familias!, pois toda a comunidade educativa do CEIP de Baíñas saímos gañando!
Por outro lado decirvos que ademais de vantaxes tamén supón asumir una serie de compromisos e obrigas para seguir acadando este mérito.
É necesario levar a cabo un proxecto anual, o cal iniciamos, como sabedes o pasado curso 2017-18, e co que queremos continuar néste. Por iso, seguiremos titulándoo como figura ao comezo deste comunicado: “Trálas pegadas da nosa historia e o noso patrimonio II”. Dende o equipo de biblioteca do C.E.I.P de Baíñas, gustaríanos que colaboredes conosco (de maneira totalmente voluntaria), a levar adiante este proxecto de biblioteca.
(Segue pola parte de atrás)
O proxecto de biblioteca desenvolverémolo en varias fases:
-1ª Fase: Traballamos os muíños e os hórreos (cabazos).
Para este tema cada curso pediralles, unha serie de informacións para que os rapaces, xunto coa famila, investiguen sobre os hórreos e os muíños.
-2ª Fase. Os romanos, e a romanización.O proceso será similar, ao anterior, pero de cara ao 2º trimestre.
-3ª Fase. A Idade Media. Ampliaremos o traballo feito o curso pasado. (3º trimestre).
Dentro de pouco recibirán máis información sobre a axuda que precisaremos en cada unha das fases do proxecto. O cal expoñeremos ao longo do curso.
Sen máis, despedímonos de todos vostedes, non sen antes, agradecerlles de antemán a súa inestimable colaboración, e por suposto animalos a participar. Teñan en conta que todas estas experiencias son tan bóas para o alumnado como para as familias.
(Nota: Se hay algunha persoa, ou coñecen a alguén: pai, nai, avó ou familiar do alumnado, que sepa sobre os cabazos ou os muíños, e non lle importe, ou queira ter unha pequena charla co alumnado sobre estes temas, que se poña en contacto coa dirección do centro ou co responsable da biblioteca.)
MOITAS GRAZAS!
En Baíñas a 1 de outubro de 2018
O Equipo de Biblioteca do CEIP Baíñas.