jueves, 20 de diciembre de 2018
viernes, 30 de noviembre de 2018
"PROGRAMANDO AO TEU COLEGA"
Hola a todos e todas!
Como xa sabedes chegaron ao cole os "Escornabots".
Xa andan facendo das súas!!
Para poder falar na súa linguaxe (de programación informática).
O alumnado de 5º curso, na aula de psicomotricidad, fixo esta actividade previa, titulada: "Programando ao teu colega"
Un/unha alumno/a, facía de "Escornabot" e tiña que desprazarse polo panel de colchonetas. Cada colchoneta simulaba unha cuadrícula por onde se moven os "Escornabots", e os demáis tiñan que programalo.
Foi moi divertido!! e deste xeito, comezamos a aprender a falar con estes robots"
Aquí tendes o enlace ao vídeo da actividade. Saúdos!!
OS ESCORNAHÓRREOS
Hola a toda comunidade educativa!!
Queremos anunciarvos que, xa comezamos a realizar actividades cos "Escornabots", dentro do programa de "Bibliotecas creativas"!!
Esta actividade está dirixida ao alumnado dende 3º a 6º nivel de ed. primaria.
Tendes os enlaces aos materiais e ao vídeo da actividade que realizaron os cursos de 4º e 5º de primaria o venres día 30 de novembro.
Valoramos especialmente esta experiencia porque está relaccionada coa búsqueda de información do noso proxecto de biblioteca: "Tralas pegadas da historia e do noso patimonio"
Agardamos que vos sexa útil. Pronto subiremos algunha máis.
Un afectuoso saúdo.
O equipo de biblioteca
jueves, 15 de noviembre de 2018
TITORIAL MONTAXE DUN ESCORNABOT
Accede ao seguinte enlace en Drive:
https://drive.google.com/file/d/10KSi5t18KdsayM6JGN8K9_oa4pJ_jp-C/view?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/10KSi5t18KdsayM6JGN8K9_oa4pJ_jp-C/view?usp=sharing
miércoles, 14 de noviembre de 2018
PROGRAMA: BIBLIOTECAS CREATIVAS
Estimados
membros da comunidade educativa que formades parte do CEIP Baíñas:
Dende
a Biblioteca do Centro queremos informarvos de que este Centro
iniciou un proxecto máis, denominado: BIBLIOTECAS CREATIVAS,
enmarcado dentro do PLAMBE (Plan de mellora das bibliotecas
escolares).
Iniciamos
por primeira vez este proxecto durante o presente curso 2018-19.
Ten
como finalidade que na biblioteca haxa un espazo, onde se potencien
varias actividades creativas como por exemplo: a robótica, a
ciencia, as novas tecnoloxías, xogos de contrucción (legos…), e
en xeral actividades creativas de todo tipo... Todas elas coa
finalidade de favorecer o aprendizaxe ao alumnado, incorporando a
cultura do “maker”; ou de “Faino ti mesmo/a!”
O
pasado 19 de outubro na EGAP en Santiago de Compostela tivo lugar
unha sesión de formación onde acudiron os responsables das
bibliotecas ou os designados polos centros para formarse nesta
primeira fase na montaxe e programación dos “ESCORNABOTS”.
Uns robots diseñados por dous profesionais galegos expertos en
robótica: Alberte Xosé Méndez“Tucho” e Xoán Sampaíño.
Os
ESCORNABOTS xa chegaron á Bilioteca e a todo o Centro. Son
uns “bichejos” algo raros, a verdade, pero pensamos que son
bós...(polo menos parecen simpáticos).
Agardamos
que os acollades con agarimo, pois como non coñecen aínda aos nenos e nenas, son algo tímidos, pero ben seguro que enseguida
serán un máis da familia do noso COLE!
O
Equipo de Biblioteca e o Claustro de Profesores.
15/11/2018
jueves, 8 de noviembre de 2018
TRALAS PEGADAS DA NOSA HISTORIA E DO NOSO PATRIMONIO II
“Tralas
pegadas da nosa historia e o noso patrimonio II!”
Queridas Familias:
Dende o equipo de biblioteca e o
claustro de profesores, queremos darvos a benvida a todos e todas a
este novo curso 2018-19!
Enviámosvos esta circular
informativa, coa intención de comunicarvos de que continuamos outro
curso máis dentro da Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia.
Decirvos que estamos moi satisfeitos porque este sexa xa o segundo
curso no que se nos concedeu o Plan
de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE).
Este feito, trae consigo unha serie de vantaxes para o noso centro
(tanto educativas coma económicas), polas cales estivemos a
traballar dende hai tempo.
Sabemos que, sen
a vósa axuda e colaboración
tampouco sería posible acadar este recoñecemento. De maneira que
queremos expresarvos o
noso agradecemento e felicitarvos tamén a vós, ás familias!, pois
toda a comunidade educativa do CEIP de Baíñas saímos gañando!
Por outro lado decirvos que
ademais de vantaxes tamén supón asumir una serie de compromisos e
obrigas para seguir acadando este mérito.
É necesario levar a cabo un
proxecto anual, o cal iniciamos, como sabedes o pasado curso 2017-18,
e co que queremos continuar néste. Por iso, seguiremos titulándoo
como figura ao comezo deste comunicado: “Trálas
pegadas da nosa historia e o noso patrimonio II”. Dende
o equipo de biblioteca do C.E.I.P de Baíñas, gustaríanos que
colaboredes conosco (de
maneira totalmente voluntaria), a levar adiante este proxecto de
biblioteca.
(Segue pola parte de atrás)
O proxecto de biblioteca
desenvolverémolo en varias fases:
-1ª Fase: Traballamos os
muíños e os hórreos (cabazos).
Para este tema cada curso
pediralles, unha serie de informacións para que os rapaces, xunto
coa famila, investiguen sobre os hórreos e os muíños.
-2ª Fase. Os romanos, e a
romanización.O proceso será similar, ao anterior, pero de cara ao
2º trimestre.
-3ª Fase. A Idade Media.
Ampliaremos o traballo feito o curso pasado. (3º trimestre).
Dentro de pouco recibirán
máis información sobre a axuda que precisaremos en cada unha das
fases do proxecto. O cal expoñeremos ao longo do curso.
Sen máis, despedímonos de todos
vostedes, non sen antes, agradecerlles de antemán a súa inestimable
colaboración, e por suposto animalos a participar. Teñan en conta
que todas estas experiencias son tan bóas para o alumnado como para
as familias.
(Nota: Se hay algunha persoa,
ou coñecen a alguén: pai, nai, avó ou familiar do alumnado, que
sepa sobre os cabazos ou os muíños, e non lle importe, ou queira
ter unha pequena charla co alumnado sobre estes temas, que se poña
en contacto coa dirección do centro ou co responsable da
biblioteca.)
MOITAS GRAZAS!
En Baíñas a 1 de outubro de
2018
O Equipo de Biblioteca do CEIP
Baíñas.
miércoles, 4 de julio de 2018
"TRALAS PEGADAS DA HISTORIA E DO NOSO PATRIMONIO"
Aquí tendes unha serie de vídeos e información sobre o noso proxecto que se desenvolveu neste curso 2017-18.
martes, 3 de julio de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)