domingo, 1 de diciembre de 2019

PROXECTO BIBLIOTECA CURSO 2019-20



"MIÑA TERRA, MIÑA TERRA! 

NON HAI PLANETA B!”

Queridas Familias:
Dende o equipo de biblioteca e o claustro de profesores, queremos darvos a benvida a todos e todas a este novo proxecto para o curso 2019-20!
Enviámosvos esta circular informativa, coa intención de comunicarvos de que continuamos outro curso máis dentro da Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia. Estamos moi satisfeitos porque este sexa xa o terceiro ano no que se nos concedeu o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE). Este feito, trae consigo unha serie de vantaxes para o noso centro (tanto educativas coma económicas), polas cales estivemos a traballar dende hai tempo.
Sabemos que, sen a vósa axuda e colaboración tampouco sería posible acadar este recoñecemento. De maneira que queremos expresarvos o noso agradecemento, e felicitar ás familias e tamén ao alumnado!, pois toda a comunidade educativa do CEIP de Baíñas saímos gañando!
Por outro lado, decirvos que, ademais de vantaxes, isto tamén supón asumir una serie de compromisos e obrigas para seguir acadando este mérito. É necesario levar a cabo un proxecto anual. O cal nesta ocasión titulamos:
Miña terra, miña terra!, Non hai planeta B!
O proxecto quere partir agora da realidade máis próxima:
A propia natureza!!
Sabemos que estamos a atravesar un período onde o planeta Terra está infectado con un virus: A especie humana!
Sí, estamos en alerta vermella!!
O planeta Terra despois de máis de 4.500 millóns de anos, está en serio perigo a causa da acción dos seres humanos: A tala dos bosques e selvas, a pérdida masiva de especies animais e vexetais, o incremento da contaminación a causas como a enorme cantidade de residuos (sobretodo plásticos) e o abuso de enerxías contaminantes derivadas do petróleo ou o carbón… fixeron que o planeta incrementase perigosamente a súa temperatura, e que se acelere un cambio climático, que provocará en poucos anos consecuencias, que arestora son impredecibles: aumento do nivel dos mares e océanos, fundimento dos xeos polares e glaciares (que son a maior reserva de auga doce do planeta), pérdida de especies e dos seus hábitats…. En fin un futuro moi incerto, verdade?
Afortunadamente, a solución a estes gravísimos problemas tamén somos nós, os seres humanos!
Por este motivo queremos preguntarvos a todos/as:
- Que podemos facer para cambiar esta situación?
Imos intentar dar algunha resposta a través deste ambicioso proxecto de biblioteca, o cal desenvolveremos en varias fases:
-1ª Fase: Concienciación: Que sabemos deste problema? As especies animais e vexetais do noso entorno. Reciclaxe e iniciativas para a conservación e protección do medio ambiente. Escollemos lecturas e libros ou sitios web informativos sobre este tema.
-2ª Fase. Recollida de información e traballamos o tema coa axuda tamén de charlas informativas, e iniciativas dentro do contexto do Centro ou do propio concello: Axentes medioambientais, gardas forestais, bombeiros,…
-3ª Fase. Coidado e implicación: Desenvolvemento sustentable, reducción de residuos (plásticos), e horta ecolóxica.
-4 Fase. Exposición e difusión dos traballos realizados.
Dentro de pouco recibirán máis información sobre a axuda que precisaremos en cada unha das fases do proxecto. O cal expoñeremos ao longo do curso.
Sen máis, despedímonos de todos vostedes, non sen antes, agradecerlles de antemán a súa inestimable colaboración, e por suposto animalos a participar. Teñan en conta que todas estas experiencias son tan positivas para o alumnado como para as familias.
(Nota: Se hai alguna/as persoa/as, ou coñecen a alguén: pai, nai, avó ou familiar do alumnado que sepa sobre: Como plantar unha horta; a reciclaxe, as árboles, os animais, ou alguna outra cousa sobre a protección do medio ambiente, e non lle importe colaborar conosco, por favor que se poña en contacto coa dirección do centro ou co responsable da biblioteca.)
MOITAS GRAZAS!! En Baíñas a 01 de decembro de 2019.

O Equipo de Biblioteca do CEIP Baíñas