Queridas
Familias:
Enviámosvos esta circular
informativa, coa intención de comunicarvos de que estamos a recopilar costumes e tradicións da
festividade do Entroido.
Queremos
que cada alumno poida recoller algunha costume ou tradición propia da súa
zona ou doutro sitio de Galicia, e que sexa propia destas datas.
Poderán
traer: Unha receita, un refrán, una adiviña,
outra costume ou tradición: (correr o Entroido, queimar o “meco”, botar unha
regueifa, facer un sermón…), …
Poden preguntarlle aos seus país, avós, familiares ou tamén consultar libros na
biblioteca ou en internet.
Deben de recoller esta
información e entregarlla ao seu titor
ou titora antes do día 1 de marzo de 2019.
Ademáis, poderán redactala a man ou co ordenador, e acompañala dalgunha imaxe ou debuxo.
Sen máis, despedímonos de
todos/as vostedes, non sen antes, agradecerlles de antemán a súa inestimable
colaboración, e por suposto animalos/as a participar. Teñan en conta que todas
estas experiencias son tan boas para o alumnado como para as familias.
MOITAS
GRAZAS! En Baíñas, a 11 de febreiro de 2019
O Equipo de Biblioteca do
CEIP Baíñas.